Comezamos un novo e ilusionante proxecto na vila de Allariz: Contaxia experiencia!

 

Este proxecto ten como obxectivos 

  1. Dar a coñecer á xente moza as oportunidades vitais e profesionais que se poden desenrolar no medio rural mediante a transmisión de coñecementos e experiencias por parte das persoas maiores.
  2. Axudar á mellora do aumento da taxa de poboación dentro do área de influencia do concello de Allariz
  3. Contaxiar un papel activo en peroas maiores de 55 anos e menores de 35.
  4. Interelacionarse os voluntarios entre eles e con outros colectivos doutras idades aportando o que viven.
  5. Aumentar a propia autoestima no desenvolvemento de proxectos vinculados ao benestar da comunidade en xeral.

Para elo, un total de 14 persoas voluntarias, en parellas de un menor de 35 anos e un maior de 55 anos intercambiarán experiencias sobre algún centro de interese común. 

Este proxecto se pode realizar grazas ás axudas publicadas pola Consellería de Política social e xuventude da Xunta de Galicia dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023  

 

 

O realizaremos na vila de Allariz, tomando como base o Albergue Allariz, sito na estrada de Xunqueira número 7. Está previsto que a xente maior da vila ensine á xente moza todo o que saben sobre: cociña, costura, música, viticultura, xardinería,....

 

Achégate a Allatriz a coñecer o proxecto!