Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

  • É unha entidade prestadora de servizos á mocidade, nacida en 1993. Abarca uns 500 voluntarios e voluntarias e 4.500 destinatarias e destinatarios directos entre nenos e nenas e mozos e mozas.
  • Contamos con 11 profesionais técnicos traballando no total dos centros xuvenís de Galiza.

Áreas de traballo

  • Educación non formal.
  • Animación sociocultural.
  • Tempo libre.

A prol do desenvolvemento integral da infancia e da mocidade galega

Membros da Federación

Outras actuacións

A Federación, ademais dos seus propios proxectos, apoia directamente o traballo dos centros xuvenís salesianos e as súas actividades desde a confluencia de intereses e finalidades expresadas nestas características:

  1. Os centros xuvenís, como unha proposta educativa e de valores:
    • Paz, convivencia, respecto, solidariedade, cooperación, altruísmo.
    • Desde o protagonismo xuvenil: Autoxestión, promoción, participación, democracia.
  2. Os centros xuvenís, un espazo para:
    • Un lecer educativo infantil.
    • A promoción xuvenil.
    • Un lecer alternativo e saudable.
    • Un espazo de voluntariado.
    • Opción por Galiza.
  3. A Federación, plataforma de traballo en rede e integrada en plataformas estatais, xa que pertence á Confederación de Federacións Don Bosco de España.

Futuro

  • Profesionalización do sector.
  • Programas de promoción do emprego xuvenil.
  • Acadar un maior protagonismo xuvenil na xestión e toma de decisións.

A promoción do voluntariado nas súas diferentes facetas: campañas de captación, propostas europeas de voluntariado, voluntariado de cooperación...