A Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia leva a cabo unha serie de programas que abarcan os seguintes campos de actuación:

  • A língua: Programa de Xoga en Galego para traballar pola normalización e promoción da lingua e cultura galegas. Concursos de contos, fotografía, como se divertían os nosos maiores,...
  • O asociacionismo: Programa de promoción do asociacionismo xuvenil: tanto en comisións como en foros. Comisión Galiza (promoción da lingua e cultura nos nosos centros), solidariedade (proxecto anual solidario), campamentos urbanos (organizar o día da xuntanza dos campamentos urbanos de Galicia), brincadeira (nosa revista de tempo libre).
  • A integración: Programa de Integración Social de mozos e mozas en grupos xuvenís. Apoio de proxectos locais dende a Federación: comisións musicais e de informática, grupos formativos, campamentos xuvenis.
  • A calidade de vida infantil: Programa de promoción da calidade de vida infantil: Grupos de tempo libre, ludotecas, campamentos urbans e de verán.
  • A saude: Educación para a saude: Proxectos de salas mozas, actividades deportivas,...