Programa de promoción do asociacionismo xuvenil
Traballo de comisións e foros da Federación:

  • Unha Comisión é un grupo de mozos e mozas con inquedanzas similares dentro das nosas asociación xuvenís, que queren xuntarse e facer actividades en común nun eido determinado. Ten o seu propio ritmo de traballo.
  • Para participar:
    • Intercambiar experiencias
    • Asociarse
    • Facer voluntariado
  • Comisións nas que podes participar:
    • Comisión Galiza: Esta comisión traballa, reflexiona, deseña accións que promoven a lingua e cultura galegas nos nosos centros locais. Ó longo destes anos leva implementando diferentes campañas e actividades destinadas á concienciación e á procura do compromiso de todos e todas coa nosa cultura e coa nosa lingua: monográficos, concursos de fotografía e de relatos curtos, exposicións, concurso Gravación Sonoras, libro de Xoga en Galego… E continúa inventando novas iniciativas. Queres participar?
    • Comisión de solidariedade: Esta comisión pretende canalizar a sensibilidade e o traballo persoal das diferentes comisións locais en proxectos solidarios comúns. Trata de organizar e propoñer o proxecto anual solidario da federación; apoiar iniciativas solidarias con outras entidades participando na organización de actividades, reflexionando sobre diferentes temas relacionados, promovendo campañas solidarias, buscando materiais e facéndoos chegar ós centros xuvenís. Todo isto e outras cousas que grazas á túa implicación poderemos facer. Apúntaste?
    • Comisión de campamentos urbanos: Esta comisión ten inicialmente unha finalidade moi concreta que se engarza dentro do noso proxecto de Campamento Urbano: organizar o día da xuntanza dos campamentos urbanos de Galicia. Queremos que esa experiencia educativa que é o campamento urbano se enriqueza cun proxecto común que fai que os participantes se atopen con outros animadores e rapaces e ese encontro permita descubrir valores como a convivencia, o intercambio, a amizade, o coñecemento doutros lugares, o respecto… Pode seguir sendo isto ou pode medrar en propostas grazas a ti. Queres formar parte?
    • Comisión Brincadeira: Esta comisión ten a tarefa de xestionar a edición e publicación da nosa revista de tempo libre e os monográficos que dependen dela. Se queres botar unha man neste proxecto e formar parte da mesa de redacción tes as portas abertas. Queres participar?
  • Foros de participación: Un foro é un espazo onde libremente nos xuntamos unha vez ó ano para tratar un tema de interese común. Sobran ideas e sobran motivos para xuntarnos. Buscamos persoas coma ti con intereses parecidos para:
    • Expresar o que levas dentro
    • Cambiar impresións con outros
    • Intercambiar experiencias e información
    • Aprender con outros sobre un tema de interese persoal
    • Contaxiar ilusións