Novas
- Detalles
A Federación Don Bosco estivo a participar no III Congreso da Mo_Cidade que se celebrou en A Coruña entre os dias 23 e 26 de marzo.
Este congreso tivo a participación da mocidade dende diferentes partes de Galicia, o seu obxetivo foi o de promover a reflexión sobre temas de interese común.
Durante o congreso desenvolvéronse actividades como obradoiros, charlas e mesas redondas, onde os mozos puideron intercambiar experiencias e opinións. Ademais, ofrecéronse diversas propostas de lecer e entretemento para os asistentes.
A terceira edición do Congreso da Xuventude foí un éxito rotundo, e demostrou o compromiso da Xunta de Galicia por ofrecer á mocidade un espazo de diálogo e aprendizaxe.
- Detalles
Dende fai case dous anos, a Federación Don Bosco xestiona o albergue de Allariz. Co fin de seguir mellorando a experiencia dos peregrinos que realizan o Camiño de Santiago pola variante do camiño Senabrés, extensión da Via da Prata pola vila, vanse levar a cabo unha serie de melloras.
Nesta nova etapa, vaise adaptar a antiga casa salesiana para transformala nun albergue turístico, ampliando asi a oferta en 19 prazas, con isto esperase mellorar a estancia tanto no albergue como en Allariz
- Detalles
A Federación Don Bosco, dende hai pouco mais dun ano, está a xestionar o Albergue de Allariz. Entre os proxectos levados a cabo neste espazo, nos fai especial ilusión o proxecto de Mellora de acompañamento e hospitalidade de peregrinos no albergue de Allariz, que é posible grazas á colaboración da Axencia de Turismo de Galicia, da Xunta de Galicia.
Este proxecto baséase na realización dunha serie de actividades relacionadas coa boa atención e hospitalidade a peregrinos que realizan o Camiño de Santiago pola variante do Camiño sanabrés, extensión da ruta Via da Prata, na vila de Allariz. Se plantexan varias accións que poden englobarse en dúas:
- Mellora das instalacións para unha maior comodidade dos peregrinos
- Mellora da experiencia e acompañamento de peregrinos
Agardamos que este proxecto axude a promocionar o noso Camiño pola Vía da Prata, e a preciosa vila de Allariz.
- Detalles
Comezamos un novo e ilusionante proxecto na vila de Allariz: Contaxia experiencia!
Este proxecto ten como obxectivos
- Dar a coñecer á xente moza as oportunidades vitais e profesionais que se poden desenrolar no medio rural mediante a transmisión de coñecementos e experiencias por parte das persoas maiores.
- Axudar á mellora do aumento da taxa de poboación dentro do área de influencia do concello de Allariz
- Contaxiar un papel activo en peroas maiores de 55 anos e menores de 35.
- Interelacionarse os voluntarios entre eles e con outros colectivos doutras idades aportando o que viven.
- Aumentar a propia autoestima no desenvolvemento de proxectos vinculados ao benestar da comunidade en xeral.
Para elo, un total de 14 persoas voluntarias, en parellas de un menor de 35 anos e un maior de 55 anos intercambiarán experiencias sobre algún centro de interese común.
Este proxecto se pode realizar grazas ás axudas publicadas pola Consellería de Política social e xuventude da Xunta de Galicia dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023
O realizaremos na vila de Allariz, tomando como base o Albergue Allariz, sito na estrada de Xunqueira número 7. Está previsto que a xente maior da vila ensine á xente moza todo o que saben sobre: cociña, costura, música, viticultura, xardinería,....
Achégate a Allatriz a coñecer o proxecto!
- Detalles
A Federación Don Bosco estamos a levar a cabo un programa en todos os nosos centros chamado Iniciativa Xove 2022: Dinamizando mocidade, dinamizando vida!
Este programa pode realizarse grazas ao apoio da Dirección xeral de Xuventude, da Xunta de Galicia, mediante a súa orde de axudas para programas como este.
A Federación organiza unha serie de actividades para mozas e mozos de xeito aberto, desenvolvendo actividades gratuítas ao longo do ano nos diferentes centros federados na entidae, todas elas enmarcadas no eido do Tempo Libre educativo. A idea principal do proxecto é crear lugares, momentos e espazos onde os mozos e mozas sexan os protagonistas e partícipes das actividades realizadas.
As actividades en cuestión pretenden ser unha oferta de educación non formal, sempre enfocadas desde un tempo libre educativo, desenvolvendo nos destinatarios as súas aptitudes mediante actividades que favorecen o seu desenvolvemento integral como individuo e dentro dunha sociedade. Ademais, con estas actividades se pretende fomentar unha participación xuvenil responsable, desde o compromiso social e persoal e dun xeito sa e saudable. O proxecto en si, é un proxecto organizado por mozos/as voluntarios/as para outros/as mozos/as destinatarios/as, prestando especial atención a aqueles que non poden gozar de actividades lúdicas por ser carentes de acceso a outras actividades deste tipo (ben sexa por motivos económicos sendo sensibles aos tempos de crise nos que vivimos, ou ben por cuestións de accesibilidade por discapacidade a actividades culturais e de lecer).
Dinamizando mocidade, Dinamizando vida! xira en torno a 3 grandes tipos de actividades:
Medranzas
As actividades de “Medranzas” son actividades con un aspecto de ocio educativo e alternativo habilitando lugares e momentos nos que se traballe dun xeito máis lúdico a participación xuvenil facendo uso do seu tempo de lecer de maneira responsable e divertida á vez.
Sabenzas
As actividades de “Sabenzas” son actividades con un aspecto máis de debate e traballo en grupos e que poden ser un centro de interese que fomente o diálogo, reflexión sobre temas de interese xeral e que motiven a participación xuvenil.
Xuntanzas
As actividades de “Xuntanzas” son actividades de encontro entre mozos e mozas, destinatarios das mesmas actividades (de “Medranzas “ ou “Sabenzas”), coa fin de que se coñezan e compartan esas experiencias e inquedanzas vividas con outros destinatarios das súas mesmas idades.