Novas
- Detalles
Comezamos un novo e ilusionante proxecto na vila de Allariz: Contaxia experiencia!
Este proxecto ten como obxectivos
- Dar a coñecer á xente moza as oportunidades vitais e profesionais que se poden desenrolar no medio rural mediante a transmisión de coñecementos e experiencias por parte das persoas maiores.
- Axudar á mellora do aumento da taxa de poboación dentro do área de influencia do concello de Allariz
- Contaxiar un papel activo en peroas maiores de 55 anos e menores de 35.
- Interelacionarse os voluntarios entre eles e con outros colectivos doutras idades aportando o que viven.
- Aumentar a propia autoestima no desenvolvemento de proxectos vinculados ao benestar da comunidade en xeral.
Para elo, un total de 14 persoas voluntarias, en parellas de un menor de 35 anos e un maior de 55 anos intercambiarán experiencias sobre algún centro de interese común.
Este proxecto se pode realizar grazas ás axudas publicadas pola Consellería de Política social e xuventude da Xunta de Galicia dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023
O realizaremos na vila de Allariz, tomando como base o Albergue Allariz, sito na estrada de Xunqueira número 7. Está previsto que a xente maior da vila ensine á xente moza todo o que saben sobre: cociña, costura, música, viticultura, xardinería,....
Achégate a Allatriz a coñecer o proxecto!
- Detalles
A Federación Don Bosco, dende hai pouco mais dun ano, está a xestionar o Albergue de Allariz. Entre os proxectos levados a cabo neste espazo, nos fai especial ilusión o proxecto de Mellora de acompañamento e hospitalidade de peregrinos no albergue de Allariz, que é posible grazas á colaboración da Axencia de Turismo de Galicia, da Xunta de Galicia.
Este proxecto baséase na realización dunha serie de actividades relacionadas coa boa atención e hospitalidade a peregrinos que realizan o Camiño de Santiago pola variante do Camiño sanabrés, extensión da ruta Via da Prata, na vila de Allariz. Se plantexan varias accións que poden englobarse en dúas:
- Mellora das instalacións para unha maior comodidade dos peregrinos
- Mellora da experiencia e acompañamento de peregrinos
Agardamos que este proxecto axude a promocionar o noso Camiño pola Vía da Prata, e a preciosa vila de Allariz.


![]()

- Detalles
Os días 6, 13 e 20 de decembro serán os Torneos Solidarios Online, que estarán englobados dentro do Evento Solidario a favor da Operación Quilo no que haberá competicións dos seguintes xogos:
- Fornite (6 de decembro)
- Valorant (13 de decembro)
- League of Legends (20 de decembro)
Para participar nos torneos de Valorant e League of Legends será necesario pertencer a un equipo ou grupo informal de mínimo de 5 persoas.
Os gañadores serán entrevistados por Kings Dragon (sempre que queiran) e farase un vídeo cos mellores momentos para que quede para o recordo.
O evento será retransmitido pola canle de twitch de Kings Dragon e todo o que se recaude nos directos a través da plataforma tamén irá íntegramente para a Operación Quilo.
Doacións
As inscripcións dos torneos será de 2€ por xogador/a e torneo, que deberá ser abonado na plataforma de crowfunding colaborativa que a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia ten habilitada para a Operación Quilo
Inscrición
Para a inscrición será necesario cubrir o Formulario de Inscrición no que se incluirá o resgardo de aboamento da doación

- Detalles

A Federación de Centros Xuveniles Don Bosco de Galicia, xunto co Centro Xuvenil Abertal e o equipo de esports Kings Dragon, defendemos un ocio dixital educativo, e creemos que a solidariedade é un punto importante a fomentar. Por iso creamos unha serie de eventos a favor da campaña de recollida de alimento Operación Quilo, a primeira será a tarde do sábado 13 en Vigo no Centro Xuvenil Abertal (Rúa de Venezuela 3, Bajo).
O evento solidario será aberto para todas as persoas que se queiran achegar, e tan só haberá que colaborar con 1 QUILO de alimentos de primeira necesidade que será destinado para a Operación Quilo.
Queremos facer un evento o máis aberto posible, tanto para xogadores/as, coma para familias, como persoas que queiran saber un pouco máis sobre o panorama competitivo; por iso, faremos unha pequena charla sobre os conceptos do xogo ou cómo xogar, e logo algúns dos mellores xogadores de Galicia farán unha exhibición mentres haberá un espazo de xogo libre onde se poidan poñer en práctica os conceptos adquiridos; e remataríase cun Torneo Aberto (a inscripción pechase o sábado 13 as 15:30) que puntuará para a competición Dragon Smash tan só por participar.
O horario do evento será:
15:00 - Benvida
15:30 - Iniciación ao Smash Bros Ultimate
16:00 - Evento principal e xogo libre.
16:30 - Torneo Aberto.
Podes inscribirte a través deste enlace: https://forms.gle/
Vide a apoiar a Operación Quilo dunha forma diferente!
Esperamos contar con todos/as vós!
- Detalles
Englobadas nas actividades da Operación Quilo 2020, dende o Centro Don Bosco, en colaboración co equipo de esports Kings Dragon, realizaremos o 5 de decembro unhas partidas Solidarias de eSports, concordando co Día Internacional do Voluntariado, no que o obxetivo é pasar un bo rato e xogar sen ningunha aspiración competitiva, simplemente polo feito de pasar un bo rato e compartir un momento de xogo online entre todas aquelas persoas que queiran participar.
Os xogos serán Fornite, League of Legends, Valorant e Among Us
Os equipos serán aleatorios, polo que non fai falla ter equipo, simplemente ter ganas de vir e pasar un bo rato, e nós faremos os equipos entre as persoas inscritas.
Doacións
A doación a aportar é de 2€ por persoa e xogo ou 5€ toda a xornada, que deberá ser abonado na plataforma de crowfunding colaborativa que a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia ten habilitada para a Operación Quilo e da acceso a todas as partidas nos diferentes xogos do sábado.
Inscrición
Para a inscrición será necesario cubrir o Formulario Inscrición no que se incluirá o resgardo de aboamento da donación
Data e horarios:
5 de decembro
- 17:00 – Fornite
- 18:00 – League of Legends
- 19:00 – Valorant
- 20:00 – Among Us

