Novas
- Detalles
- Publicado: 19 Marzo 2016

En Galicia temos moito que ensinar. Dende a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia queremos amosar todas as singularidades que ten a nosa terra ao mundo enteiro. Buscamos fotos que só poidan darse en Galicia, ou sexan características da mesma. Buscamos #fotosdenoso. Pode ser unha paisaxe, unha crítica, unha romería, un costume, un trebello,.... Para participar no concurso simplemente deberás etiquetar na foto á Federación Don Bosco e empregar o hastag #fotosdenoso. Podes participar tanto mediante Facebook ou Instagram (@fedboscogal)
Bases do
1_O concurso desenvólvese na canle de Instagram de Federación Don Bosco(@fedboscogal), e na canle de Facebook (/fedboscogal)
2_Para participar, calquera usuario pode subir ao seu perfil de Instagram ou Facebook co hashtag #fotosdenoso unha fotografía que mellor exprese o motivo do concurso, situacións que só se dan en Galicia; mencionar á Federación Don Bosco e ser seguidor desta conta.
3_Entre todos os participantes escolleranse 3 gañadores, que serán anunciados o 17 de maio de 2016 nas mesmas contas, e recibirán:
Primeiro premio: 100 € para aquela fotografía que teña máis “me gusta” (sumados os de Instagram e Facebook) o día 16 de maio ás 23:59
Segundo premio: 50 € para aquela fotografía presentada antes do 17 de maio escollida polo xurado profesional designado pola Federación Don Bosco, e que mellor cumpra o obxectivo do concurso. Un premio por categoría.
Categoría A: nenos e nenas ata 13 anos.
Categoría B: mozos e mozas entre 14 e 30 anos.
Categoría C: maiores de 30 anos
Terceiro premio: 50 € para aquela fotografía presentada antes do 17 de maio mellor clasificada polo xurado e que sexa dun socio dunha das 5 asociacións xuvenís da Federación Don Bosco
4_A técnica empregada nas fotografías será libre
5_Coas mellores fotos do concurso realizarase unha exposición itinerante
6_A participación no concurso implica a aceptación de todas as bases