Con motivo da festividade do noso patrón Don Bosco queremos, como sempre, facer unha oferta lúdica para a mocidade dos nosos centros xuvenís en Galicia. Este ano a proposta actual e segura que ofertamos son unhas partidas de Fornite Don Bosco.

A inscrición é aberta para calquera moza e mozo a partir de 14 anos que queira participar dos nosos centros xuvenís, e deberá facerse premendo aqui. 

As partidas serán o próximo 30 de xaneiro entre as 17:00 e as 19:00 h.

Pasaremos un bo momento entre amigos de festa á vez que botamos unhas partidas todos xuntos. Anímate e apúntate!