Operación Quilo é unha campaña de recollida de alimentos e produtos de hixiene que se fai en toda Galicia, e que está coordinada polos diferentes centros xuvenís salesianos.

Este proxecto organízase a través da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco en Galicia, e está presente nas principais cidades galegas a dende os centros: Abeiro (A Coruña), Abertal (Vigo), Amencer (Ourense), Ateibo (Lugo) e Don Bosco (Santiago de Compostela).

Reflexionemos sobre o obvio, este ano a Operación Quilo é máis relevante ca nunca, xa que as circunstancias fan que estas campañas sexan imprescindibles. Nunha sociedade asfixiada pola pandemia, e cun desemprego de máis de 144.800 de persoas en Galicia no tercer trimestre do ano, e sendo un 1,61% máis que no ano anterior, as cifras deixan claro que a destrucción do emprego está lonxe de rematar. A consecuencia xa está chegando aos bancos de alimentos, que están aumentando as solicitudes por riba das de 2008, en algúns xa reparten nun día o que antes do covid chegaba para un mes.

Os datos deixan de manifesto que este ano todas as aportacións van a ser poucas, xa sexan de tempo, alimentos ou diñeiro, pero sabemos que gracias ao esforzo de todas esas persoas que apoian esta campaña ano a ano, e todas esas que se sumarán neste ano tan complexo, faremos que no Nadal se manteña a ilusión e a esperanza dos anos anteriores.

 

Unha campaña concreta: a Operación Quilo

A Operación Quilo pretende sensibilizar a cidadanía, en especial a xente moza, e conseguir recursos de primeira necesidade para as familias empobrecidas das nosas cidades. Xorde en Nadal porque é a época da “paga extra”, pois é un tempo no que se mercan a maioría dos xoguetes e roupa do ano e gástase moitísimo máis en alimentación.

Queremos que nesta época do ano en que a solidariedade e a atención aos outros está máis desenvolvida na sociedade poidamos aportar o noso gran de area solidario.

É unha campaña que se reinventa ano tras ano para adaptarse á realidade e atendendo as necesidades do momento, pero que o que realmente pretende é conseguir que chegue un momento no que non sexa necesaria, sinal de que non haxa persoas que vivan en situacións desfavorecidas. De aí que nos guste traballar o corazón, a  cabeza e as mans. Corazón para descubrir as causas inxustas do mal reparto da riqueza entre nós (familia, pais, mundo), descubrir e animarnos a construír un mundo máis fraterno no que desaparezan as desigualdades de todo tipo.  Cabeza, pois ten unha lóxica a Operación Quilo, non so interna co corazón, senón externa como chegar a máis xente, buscar a maneira de conseguir que os recursos se poidan repartir máis e mellor... E mans, pois no traballo, na suor e no esforzo unímonos máis coas persoas que nada teñen. Non son palabras bonitas, son horas da nosa vida; compartimos vida cos demais. 

 

Obxectivos

  • Sensibilizar a cidadanía das situacións de pobreza nas nosas cidades.
  • Concienciar das desigualdades do noso mundo.
  • Promover un modo de vida máis comprometido coas persoas empobrecidas.
  • Facilitar ferramentas solidarias para que cada persoa achegue o que crea necesario e poida.
  • Encher de boas novas o noso pequeno mundo, a nosa cidade.
  • Colaborar con entidades de acción social que están todo o ano coas persoas empobrecidas.
  • Ser a ”paga extra solidaria” para moitas familias da nosa cidade.
  • Implicar a entidades, organismos, administracións cidadás…, para que acheguen recursos para as persoas máis empobrecidas.
  • Invitar a mocidade e a rapazada a implicarse nunha solidariedade activa, dando a cara polas persoas empobrecidas.

 

Cando?

Nos últimos meses do ano civil poñemos o acento nesta campaña. Aínda que as Comisións de Solidariedade dos nosos centros xuvenís están funcionando todo o ano e reflexionan, fórmanse e deseñan novas propostas a partires da experiencia da última campaña desde outubro até decembro, o momento forte da campaña. 

 

Onde?

Nas cidades galegas de A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo, a través dos nosos centros xuvenís:

 

Para quen?

Todo o recadado na Operación Quilo vai destinado aos nosos veciños e veciñas que viven en situación de precariedade. Distribúese a través de entidades de acción social que traballan con elas durante todo o ano e que son para nós todo un referente. Sabemos que así todo o recadado chega, e chega ben e a tempo ás familias máis necesitadas dos barrios das nosas cidades.

 

Facendo historia...

Operación Quilo da Federación de centros Xuvenís don Bosco de Galicia no Nadal 2019

Atendéronse a 1.567 familiascon máis de 4.354 persoas.

 Recolléronse os seguintes "quilos":

  • 36.138 quilos de alimentos
  • 6.540 quilos de xoguetes. 
  • 20.100 quilos de roupa.
  • Todo o diñeiro recollido (6.494,15 €) inverteuse en alimentación. 

 

Cómo participar

Se queres unirte á Operación Quilo, non tes máis que decidir de que forma poderías facelo:

    • Sendo entidade Quiloboradora. Envía un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 
    • Axudando na recollida. Podes unirte como voluntario na túa cidade mandando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
    • Doando algún alimento ou producto de hixiene. Aquí tes un mapa con todos os Puntos de recollida dispoñibles onde podes facelo.
    • Participando no Evento Solidario a favor da Operación Quilo:
    • Facendo unha doazón na campaña de crowfunding 

 

Se tes calquera dúbida podes poñerte en contacto con nós a través do correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono: 988 218 213 e estaremos encantados/as de falar contigo.

Esperamos que un ano máis todos/as nos botedes unha man para axudar a todas esas persoas que máis o necesitan, porque entre todos/as podemos cambiar a realidade dos nosos barrios!

Únete e colabora!