A Federación Don Bosco estamos a levar a cabo un programa en todos os nosos centros chamado Iniciativa Xove 2022: Dinamizando mocidade, dinamizando vida!

Este programa pode realizarse grazas ao apoio da Dirección xeral de Xuventude, da Xunta de Galicia, mediante a súa orde de axudas para programas como este.

 

A Federación organiza unha serie de actividades para mozas e mozos  de xeito aberto, desenvolvendo actividades gratuítas ao longo do ano nos diferentes centros federados na entidae, todas elas enmarcadas no eido do Tempo Libre educativo. A idea principal do proxecto é crear lugares, momentos e espazos onde os mozos e mozas sexan os protagonistas e partícipes das actividades realizadas.

As actividades en cuestión pretenden ser unha oferta de educación non formal, sempre enfocadas desde un tempo libre educativo,  desenvolvendo nos destinatarios as súas aptitudes mediante actividades que favorecen o seu desenvolvemento integral como individuo e dentro dunha sociedade. Ademais, con estas actividades se pretende fomentar unha participación xuvenil responsable, desde o compromiso social e persoal e dun xeito sa e saudable. O proxecto en si, é un proxecto organizado por mozos/as voluntarios/as para outros/as mozos/as destinatarios/as, prestando especial atención a aqueles que non poden gozar de actividades lúdicas por ser carentes de acceso a outras actividades deste tipo (ben sexa por motivos económicos sendo sensibles aos tempos de crise nos que vivimos, ou ben por cuestións de accesibilidade por discapacidade a actividades culturais e de lecer).

 

Dinamizando mocidade, Dinamizando vida! xira en torno a 3 grandes tipos de actividades:

 

Medranzas 

As actividades de “Medranzas” son actividades con un aspecto de ocio educativo e alternativo habilitando lugares e momentos nos que se traballe dun xeito máis lúdico a participación xuvenil facendo uso do seu tempo de lecer de maneira responsable e divertida á vez.

Sabenzas

As actividades de “Sabenzas” son actividades con un aspecto máis de debate e traballo en grupos e que poden ser un centro de interese que fomente o diálogo, reflexión sobre temas de interese xeral e que motiven a participación xuvenil.

Xuntanzas

As actividades de “Xuntanzas” son actividades de encontro entre mozos e mozas, destinatarios das mesmas actividades (de “Medranzas “ ou “Sabenzas”), coa fin de que se coñezan e compartan esas experiencias e inquedanzas vividas con outros destinatarios das súas mesmas idades.

Federación de Centros Xuveniles Don Bosco de Galicia, xunto co Centro Xuvenil Abertal e o equipo de esports Kings Dragon, defendemos un ocio dixital educativo, e creemos que a solidariedade é un punto importante a fomentar. Por iso creamos unha serie de eventos a favor da campaña de recollida de alimento Operación Quilo, a primeira será a tarde do sábado 13 en Vigo no Centro Xuvenil Abertal (Rúa de Venezuela 3, Bajo).

O evento solidario será aberto para todas as persoas que se queiran achegar, e tan só haberá que colaborar con 1 QUILO de alimentos de primeira necesidade que será destinado para a Operación Quilo.

Queremos facer un evento o máis aberto posible, tanto para xogadores/as, coma para familias, como persoas que queiran saber un pouco máis sobre o panorama competitivo; por iso, faremos unha pequena charla sobre os conceptos do xogo ou cómo xogar, e logo algúns dos mellores xogadores de Galicia farán unha exhibición mentres haberá un espazo de xogo libre onde se poidan poñer en práctica os conceptos adquiridos; e remataríase cun Torneo Aberto (a inscripción pechase o sábado 13 as 15:30) que puntuará para a competición Dragon Smash tan só por participar.

 

O horario do evento será:
15:00 - Benvida
15:30 - Iniciación ao Smash Bros Ultimate
16:00 - Evento principal e xogo libre.
16:30 - Torneo Aberto.

 

Podes inscribirte a través deste enlace: https://forms.gle/xbQGHd32bmsLFRNU8 

 

Vide a apoiar a Operación Quilo dunha forma diferente!

Esperamos contar con todos/as vós!

Englobadas nas actividades da Operación Quilo 2020, dende o Centro Don Bosco, en colaboración co equipo de esports Kings Dragon, realizaremos o 5 de decembro unhas partidas Solidarias de eSports, concordando co Día Internacional do Voluntariado, no que o obxetivo é pasar un bo rato e xogar sen ningunha aspiración competitiva, simplemente polo feito de pasar un bo rato e compartir un momento de xogo online entre todas aquelas persoas que queiran participar.

Os xogos serán ForniteLeague of LegendsValorant e Among Us

Os equipos serán aleatorios, polo que non fai falla ter equipo, simplemente ter ganas de vir e pasar un bo rato, e nós faremos os equipos entre as persoas inscritas.

 

Doacións

A doación a aportar é de 2€ por persoa e xogo ou 5€ toda a xornada, que deberá ser abonado na plataforma de crowfunding colaborativa que a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia ten habilitada para a Operación Quilo e da acceso a todas as partidas nos diferentes xogos do sábado.

 

Inscrición

Para a inscrición será necesario cubrir o Formulario Inscrición no que se incluirá o resgardo de aboamento da donación

 

Data e horarios:

5 de decembro

 

Os días 6, 13 e 20 de decembro serán os Torneos Solidarios Online, que estarán englobados dentro do Evento Solidario a favor da Operación Quilo no que haberá competicións dos seguintes xogos:

Para participar nos torneos de Valorant e League of Legends será necesario pertencer a un equipo ou grupo informal de mínimo de 5 persoas. 

Os gañadores serán entrevistados por Kings Dragon (sempre que queiran) e farase un vídeo cos mellores momentos para que quede para o recordo.

O evento será retransmitido pola canle de twitch de Kings Dragon e todo o que se recaude nos directos a través da plataforma tamén irá íntegramente para a Operación Quilo.

 

Doacións

As inscripcións dos torneos será de 2€ por xogador/a e torneo, que deberá ser abonado na plataforma de crowfunding colaborativa que a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia ten habilitada para a Operación Quilo 

 

Inscrición

Para a inscrición será necesario cubrir o Formulario de Inscrición no que se incluirá o resgardo de aboamento da doación

 

O Centro Don Bosco conta coa colaboración do equipo de esports Kings Dragon para apoiar na Operación Quilo 2020, campaña de recollida de alimentos e productos de hixiene, que a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco realiza en Galicia a través dos centros asociados. Por iso realizaremos un evento dixital en decembro para fomentar a difusión da campaña de recollida e doazóns, mediante puntos físicos ou online.
O evento constará de dous momentos:

  • Partidas Solidarias esports o 5 de decembro. Os xogos serán o Fornite, League of Legends, Valorant e Among Us.
  • Torneos Solidarios esports: Os días 6, 13 e 20 de decembro, no que haberá competicións dos seguintes xogos: Fornite (6 de decembro), Valorant (13 de decembro) e League of Legends (20 de decembro) 

O evento será retransmitido pola canle de twich de Kings Dragon e todo o que se recade nos directos a través desa plataforma tamén irá destinado integramente a esta campaña solidaria.


Partidas Solidarias esports:

5 de decembro

  • 17:00 – Fornite
  • 18:00 – League of Legends
  • 19:00 – Valorant
  • 20:00 – Among Us

A doación para as partidas solidarias será de 2€ por xogo ou 5€ toda a xornada

 

Torneos Solidarios esports:

  • Fornite: 6 de decembro
  • Valorant: 13 de decembro
  • League of Legends: 20 de decembro

A doación para cada Torneo será de 2€ por persoa

 

Inscrición

Tanto para as Partidas como para os Torneos Solidarios podes inscribirte no Formulario Inscrición Eventos Solidarios eSports Operación Quilo

Doacións

Para realizar as doacións farase a través da plataforma de crowfunding que a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia ten habilitada para a Operación Quilo.