A Federación Don Bosco de Galicia, que ten como misión a educación no tempo libre da infancia e mocidade galegas e que leva máis de vinte anos de acción coordinada na nosa Galicia, quere dar un novo impulso ofertando as novenas accións formativas para os nosos voluntarios e voluntarias, abertas tamén a toda persoa interesada nelas.

Nesta ocasión ofertamos 2 cursos presenciais: Maquillaxe e caracterización, e Ciencia divertida para actividadas infantís. E tamén ofertamos 2 cursos online: Manipulador de alimentos e Adolescentes e mocidade no cine.

 

Curso: MAQUILLAXE E CARACTERIZACIÓN

 Modalidade: presencial.

Lugar e datas:

  • Vigo (A.X. Abertal): 10 de febreiro. De 17:30 a 21:30 h (4 horas).
  • Ourense (A.X. Amencer): 17 de febreiro de 16:30 a 20:30 (4horas)

Prezo: 15 €.

Descrición:

O curso pretende afondar en coñecementos teóricos e prácticos que permitan mellorar as destrezas de:

  • Tipos de rostros e trazos faciais.
  • Clasificación de materiais e a súa aplicación.
  • Técnicas de cor e o seu uso.
  • Tipos de maquillaxe: caracterización, fantasía, corporal, infantil…
  • Deseños de maquillaxe: Halloween e Samaín, Entroido, fantasía, infantil…

 

Curso: CIENCIA DIVERTIDA PARA ACTIVIDADES INFANTÍS

 Modalidade: presencial.

Lugares e datas:

  • A Coruña (C.X. Abeiro): 12 de febreiro. De 10:00 a 14:00 (4 horas)
  • Vigo (A.X. Abertal): 31 de marzo. De 17:30 a 21:30 (4 horas)

Prezo: 15 €.

Descrición:

Neste curso preténdese dotar aos participantes de coñecementos básicos para a realización de actividades infantís de ciencia divertida para estimular a nenos e non tan nenos con inquietudes científicas, mediante o desenvolvemento de diversas capacidades a partir de experimentos científicos. Desta forma, acadarase o principal obxectivo do curso: divulgar e promover a ciencia dunha forma amena e divertida.

 

Curso: MONITOR DE COMEDOR E ACOMPAÑANTE ESCOLAR

Modalidade: online (40h) + presencial (10h). Total: 50 h lectivas

Lugares e datas:

  • Online: dende o 15 de febreiro ao 15 de marzo
  • Presencial: 11 de marzo (lugar a concretar)

Prezo: 75 € (prezo para socios: 60 €)

Descrición:

  • Modelos organizativos e visión pedagóxica
  • O labor do acompañante escolar

 

Curso en liña: MANIPULADOR DE ALIMENTOS

Data:

Do 10 ao 24 de marzo (2 semanas).

Número de horas lectivas: 12.

Prezo: 20 €.

 Descrición: 

Este curso OFICIAL, recoñecido pola Xunta de Galicia, ten como obxectivo que ao finalizar a fase de aprendizaxe,o alumno adquira os coñecementos, destrezas e actitudes precisas para aplicar no seu posto de traballo un correcto comportamento e as técnicas axeitadas de hixiene e sanidade alimentaria en manipulación de alimentos, para impedir a súa contaminación e previr posibles alteracións alimentarias naquelas especialidades de Industrias Alimentarias, Hostalaría e/ou aquelas outras para cuxo exercicio profesional sexa preciso. 

 

 

Curso: ADOLESCENTES E MOCIDADE NO CINE

 Profesor: Jesús Villegas. Profesor de Lengua e Literatura e Crítico Cinematográfico. Colaborador habitual da revista Misión Joven, onde apareceron numerosos estudos seus sobre cine. Autor de varios libros relacionados coa educación. Entre eles destacan Cine con sentido, Organización y animación de ludotecas.

Modalidade: Online.

Data: do 25 de marzo ao 8 de abril (6 semanas).

Duración: 30 horas

Prezo: 35 €

Descrición do curso: Como aparecen retratados os adolescentes e mozos no cine? Ata que punto estas imaxes reflicten a realidade? É máis, é posible aproveitar en clave educativa toda esta bagaxe de vidas imaxinarias? Neste cursiño pretenderemos reflexionar sobre todas estas cuestións.

 

 

 

Inscrición

 

 

  DESCONTOS APLICABLES SOBRE O PREZO DOS CURSOS (non acumulables)

  • Persoas con Carné Xove                           5 €
  • Persoas Socias de Centros Xuvenís D.B.      5 € (comedor desconto de 15€)
  • Persoas desempregadas                           5 €

 

 

O pago das matrículas pode realizarse mediante os seguintes métodos: