Queremos proporche que participes na quinta edición dos nosos campamentos de verán Summer Fun! Camp , para rapaces de 8 a 14 anos en Mondoñedo e A Coruña, frente á praia do Orzán. Este ano temos dous campamentos de unha semana en dúas localizacións diferentes. Son campamentos pensados para que poidas desfrutar e troular nuns días únicos de lecer coñecendo a novas amigas e amigos, á vez que adquires coñecementos e soltura co inglés

ver información en castellano

Aqui podes ver toda a información

Resumo

  • Campamentos con formación lúdica 100% en inglés todas as mañás e con actividades de lecer con uso maioritario do inglés polas tardes e noites.
  • Para rapaces de 8 a 14 anos (dende 3º de Primaria a 2º de ESO)Dous campamentos diferentes:
    • do 2 ao 9 de xullo no albergue Santa Catalina de Mondoñedo
    • do 13 ao 20 de agosto no albergue Beiramar de A Coruña (frente praia do Orzán)
  • Con tres cuotas diferentes: unha para rapaces en pensión completa, outra para rapaces da zona, que participan dende as 10:30 hasta as 20:30 h, e a última como participante nas actividades das mañás “Use of English” (10:30 a 13:45).
  • Inscrición aberta na web http://www.fedboscogal.org ou nas nosas 5 asociacións xuvenís
  • Prazas limitadas

Instalacións

O albergue Beiramar de A Coruña levántase sobre a praia do Orzán, con espectaculares vistas á ensenada de
Riazor-Orzán, e magníficas postas de sol.

Ten a vantaxe da proximidade á praia, que empregaremos alguns días do campamento, e conta cos servizos habituais para desenrolar as actividades do campamento, destacando:

brmr

  • Habitacións con literas
  • Instalacións deportivas
  • Amplios patios
  • Polideportivo
  • Teatro
  • Comedor
  • Numerosas salas para as actividades

     

    beiramar orzan

 

A Hospedería Santa Catalina de Mondoñedo foi creada na década dos noventa, ocupa a parte alta do edificio do Real Seminario. Está dividida en dúas seccións: unha de elas, denominada "San Rosendo", está dividida en 10 habitacións dobles e 2 individuais; a segunda, "Santa Catalina", consta de 18 habitaciones, 4 de matrimonio e 14 dobles, todas elas dotadas de baño, calefacción e teléfono.

 

 

 

 

Equipo de animadores

Os monitores realizarán as actividades do campamento tódolos días e se encargarán do acompañamento e boa marcha tanto do campamento como dos participantes.

Son Titulados en actividades de Tempo Libre e titulados tamén en formación inglesa. Tamén contaremos con monitores europeos de fala inglesa.

IMG_2833

Acompañarán e dinamizarán ós participantes non soamente nas actividades, senón tamén noutras cousas tamén importantes: comidas, descanso nocturno, aseo persoal…

Actividades

O resumo de actividades é o seguinte, dividido en tres momentos do día:

  1. Mañás “Use of English”. Actividades de formación lúdica 100% en inglés como, por exemplo: board-games, acting, listening to music, speaking, role-playing, reading, singing, dancing,…
  2. Tardes lúdicas. Actividades con uso maioritario do inglés como, por exemplo: deportes, praia, parque acuático, visitas culturais, actividades na cidade, slackline, obradoiros, karaoke,…
  3. Noites de festa. Actividades nocturnas con uso maioritario do inglés como, por exemplo: ciencia divertida, xogos, geocaching, xincanas, xogos de auga, concursos, rastrexos, baile-discoteca, veladas,…

As súas actividades están deseñadas para practicar a competencia lingüística no inglés sen empregar unha dinámica tradicional de aula

Alimentación

Os rapaces, en pleno desenvolvemento e con gran actividade física, precisan unha dieta sá e variada acorde coa súa idade, por iso o noso campamento de verán ofrece ós nosos participantes unha ampla variedade de menús minuciosamente elaborados polo equipo de cociña do albergue

Destacamos os menús especiais para rapaces celíacos, intolerables á lactosa ou calquera outra alerxia ou intolerancia que nos comuniquedes no momento da inscrición.

 

Qué inclúe o campamento?

  • Aloxamento no albergue
  • Manutención (almorzo, xantar, merenda e cea para os de pensión completa; e solo xantar e merenda para os residentes da zona)
  • Material das actividades

    IMG_2371

  • Desprazamentos durante o campamento
  • Equipo de Monitores titulados as 24 h (un monitor por cada 8 participantes)
  • Director do campamento titulado, as 24 h
  • Coche de apoio

Outros datos

  • O campamento comeza o domingo pola tarde
  • O campamento remata o domingo seguinte pola tarde, despois do xantar
  • Os campamento non asume os desprazamentos dende o domicilio do participante hasta a base do campamento, e viceversa

 

Inscrición online

Para a inscrición online podes seguir un de estes dous métodos:

  1. Descargar esta ficha de inscrición para imprimir e devolvela cuberta, escaneada e asinada ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  2. Cubrir este formulario online (o primeiro día do campamento haberá que asinar a autorización no momento do comezo)

 

Inscrición presencial

Podes realizar a inscrición en calquera das nosas 5 asociacións xuvenís en Galicia:

 

Ficha de información e inscrición

Prezos e pagamento

Existen tres cuotas en función das necesidades:

  • 255 € para rapaces en pensión completa (almorzo, xantar, cea e aloxamento)
  • 185 € para rapaces da zona que participan nas actividades do campamento dende as 10:30 hasta as 20:30 h (xantar e merenda incluído)
  • 80 € para rapaces da zona a que participan nas actividades do campamento dende as 10:30 hasta as13:45 h

O pago da inscrición pode realizarse por algun deste métodos:

  • Transferencia bancaria na conta ES58 2080 0316 27 3040015060 (concepto: nome do participante + Summer Fun)
  • En efectivo en calquera dos 5 centros xuvenís pertencentes á Federación Don Bosco

A inscrición será efectiva unha vez que se realice o pagamento da mesma

 

Información

Podes poñerte en contacto con nós mediante o teléfono 647 131 705, ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.